Last updated on 18 / Novembro/ 2015
Alguén me comparou Boas Noites, o traballo fotográfico de Jesús Madriñán, cunha especie de versión fotográfica dun libro de Owen Jones. En parte a min tamén mo parece, pero é moito máis.
Coñecía o traballo de Madriñán, tanto a súa serie anterior Good Night London, como esta propia serie, da web. Pero este é o típico exemplo das diferencias que seguen a existir entre soportes. Na espléndida edición que Fabulatorio realizou de Boas Noites, as fotos adquiren, coa textura e a presenza, certo dramatismo hierático que as emparenta cun mundo máis amplo.

Para quen non coñezan o proxecto, Jesús Madriñán retrata en Boas Noites a mocidade que se divirte nas fins de semana do rural galego, e alterna eses retratos con fotografías da natureza que rodea esas discotecas, pubs e zonas de festa. O emprego intelixente do flash aílla tanto ás prantas como ás persoas, que emerxen dun fondo negro, acentuando unha ilusión desértica, unha sensación dramática, da diversión no medio dunha selva solitaria.
Galicia se escribe tanto polas cousas que se teñen contado como polas cousas que se teñen calado, e no futuro non será menos. Esta Galicia contemporánea do rural en transformación (e coloquemos aquí todo tipo de consideracións: en decadencia, en reformulación, en retroceso, en evolucióN) será un dos silencios do futuro. Os nosos narradores (escritores, cineastas, debuxantes, etc.) fuxen deste mundo como da peste: supoño que parte do problema está no incriblemente difícil que é relatar este rural que tampouco xa nos vale como soporte ideolóxico. Nós o tiñamos tan claro, cos seus labregos, os seus caciques, a súa lingua, as súas lendas, os seus curas…e agora no rural non hai labregos, os caciques difumínanse en redes clientelares máis amplas que na Idade do Ferro, estes rapaces que saen nas fotos non escoitaron unha soa lenda e non serán quen de identificar ningún dos outeiros do contorno da súa aldea. E xa non hai curas, e case nin parroquias. Só coñezo un escritor que está metido nun magnífico proxecto sobre este rural de granxas de leite, gandeiro, de homes solitarios e cheiro a purín, pero non mencionarei quen é para non presionalo: ten que acabar esa gran historia. Este novo rural por contar, no que as historias humanas trónzanse coma os castiñeiros que non se coidan, é o que percibimos nas fotos de Madriñán.

Non pretendo trazar unha especie de teoría do “rural inmorrente”, pero non podo evitalo. Non podo evitar mirar a estes rapaces e que a memoria me leve ao territorio das fotos antigas postas nos comedores e nos dormitorios das avoas, ao territorio da frontalidade, do hieratismo formal e desas estrañas miradas graníticas que comparten estes futuros emigrantes -que ao mellor aínda non o saben, nin aínda se considerarán emigrantes cando o sexan- coas miradas dos seus tataravós a principios do século XX. Madriñán pervirte a teoría do retrato, pero o fotografado parece aceptar esta ruptura e colaborar comunicando unha mirada que non é sometida, que xa non vai a familiares; unha mirada que é unicamente súa.
Así que hai que agradecer a Jesús Madriñán e a Fabulatorio a vontade e a acción de cubrir parte do silencio.

Manuel, o clavas cando dis isto:
“supoño que parte do problema está no incriblemente difícil que é relatar este rural que tampouco xa nos vale como soporte ideolóxico. Nós o tiñamos tan claro, cos seus labregos, os seus caciques, a súa lingua, as súas lendas, os seus curas…e agora no rural non hai labregos, os caciques difumínanse en redes clientelares máis amplas que na Idade do Ferro, estes rapaces que saen nas fotos non escoitaron unha soa lenda”.
Unha transformación que ten moito, quizáis demasiado, de aculturación. A cultura campesiña que serviu de referente identitario (tamén para intelectuais do mundo urbán) está a esmorecer. Incluso no rural, a mocidade imita modelos de apariencia urbanita que os bombardean a través dos medios de comunicación. Aínda así, para moito urbanita con elevado concepto de si mesmo e baixo nivel de neuronas, estes rapaces serán “pailáns”. Unha transformación, si. Os vellos se retiran. E os novos, parece que se moven con frecuencia nunha “terra de ninguén”.
Tes razóns, Luis. Pero coidado: nese contorno hai fenómenos tamén de resiliencia (ese palabro tan de moda), de resistencia activa e de reconfiguración. Os medios (e nós mesmos, mesmo a xente concienciada) ten a sensación de que o rural está morto ou a morrer. É certo desde logo desde o punto de vista da sociedade tradicional. Pero, e se realmente está a procurar un novo sentido? Un día haberá que tratar isto máis en profundidade.
Ah! Por fin nos veñen retratar os da cidade aos do campo! Pois claro que resistimos e senón mire a Desgalipedia, onde imos amosando o que é o rural galego desde a nosa perspectiva.
Es complicado. Para mí el mayor problema es demográfico. No hay relevo generacional. Las mujeres abandonan el campo en busca de otras ocupaciones (y otros hombres).
Es complicado. En Gerona lo han hecho muy bien y no tienen ese problema. Pero, claro, esto es la Costa Brava y viene gente adinerada de media Europa. Además, son catalanes y organizan con cosas como La Fageda (http://www.fageda.com/es), una cooperativa de discapacitados (https://es.wikipedia.org/wiki/La_Fageda_Sociedad_Cooperativa), o cooperativas como Llet Nostra. Esto hace que haya ganaderos que viven en la abundancia.
Además, se aprovechan de su cercanía a Barcelona y de que mucha gente adinerada de esa ciudad quiere vivir en el campo pero bien comunicada. Pals, Torrent, Palau Sator o Madremanya son ejemplos de ello. No hay más que ver donde está Ediciones Atalanta. En Vilaür.