Eu aproveitaría a oferta dun mes gratis en Netflix só para ver comodamente esta serie documental: Chef’s Table. Creada por David Gelb (Jiro Dreams of Sushi), a serie é unha auténtica pasada. Nada de publirreportaxe aburrido sobre cociñeiro falando da cociña da infancia. Gelb leva aos seus cociñeiros -tipos excelentes, pero moitos non coñecidos no ámbito español, menos mal- a un punto no que falan das grandes historias da súa vida, da filosofía que está detrás deles e que logo, só logo, se plasma na gastronomía. Unha auténtica preciosidade de serie, con fotografía coidada, un ritmo impecable que oscila entre a calma e a acción-por-revelación, son puntos a favor de Chef’s Table. Por favor, mírena, porque nada no mundo da gastronomía será igual despois.
Recomendou dous episodios. O que ves arriba, sobre o arxentino Francis Mallmann, e este de abaixo, da cociñeira kaiseki Niki Nakayama. Auténticas xoias do audiovisual e do relato gastronómico.

Be First to Comment