En produción o Calendario do Románico 2016

Last updated on 19 / Novembro/ 2015

Unha tradición dos últimos outonos é coller uns fins de semana e irmos recorrer a Galicia rural fotografando as fermosuras románicas que temos sementadas por toda a terra para o Calendario do Románico da asociación O Sorriso de Daniel.

Desta volta, o calendario vai xirar unicamente a partir dos concellos de Taboada e a metade de Chantada. Mirade se esa zona do sur de Lugo é rica en románica que non só hai de abondo onde elixir senón que ademáis haberá que descartar. Durante dous días levamos percorrendo a zona fotografando (e experimentando coa fotogrametría tridimensional) o mellor do patrimonio románico, que só é unha pequena parte do patrimonio da zona. Así que imaxinade uns turistas que quixeran dedicar unha fin de semana ao patrimonio en xeral desta parte, menos coñecida da Ribeira Sacra. Só aquí, en Taboada e en parte de Chantada, non darían feito.

No vídeo tes un trailer no que Sole Felloza, a fotógrafa do calendario, conta cales son os retos á hora de retratar o románico lugués.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *