
Nuevo destino, o libro de relatos de Phil Klay, é se cadra a aposta literaria por contar unha guerra que xa, no audiovisual, produciu uns cantos filmes de calidade cun discurso relativamente similar. Klay, veterano da guerra de Irak, conta nestes relatos a vida dos soldados, especialmente do soldado raso, do marine, e a súa interacción cos seus mandos directos, os cabos e os sarxentos, cos que forma vínculos de sangue que non rematan cando retornan a casa. Aínda que algúns relatos están ambientados en Irak, a cerna do libro está en como o marine afronta o mundo despois de pasar por unha profunda experiencia bélica. Homes desorientados, con graves problemas de identidade e relación, homes parcialmente destruídos que dificilmente se adaptan á vida normal norteamericana; algúns queren desengacharse dela, outros consideran que lle deben algo que nunca se dará pagado. Esta é a principal virtude dun libro que, polo demáis, non ten moitas outras posibilidades literarias: a representación de homes que perderon parte da súa identidade e do seu ser para enterrala, sen ter moi claros os motivos alén dun maniqueísmo propagandístico, entre o pó, a suciedade e a miseria do deserto.

Tentarei votarlle un ollo, a ver si esta a altura de despachos de guerra o último que lein deste tipo foi o de la guerra más cruel que conta as experiencias propias dun fusileiro ruso de reemplazo nás guerras de chechenia…non deixa títere con cabeza ,dando unha visión desalentadora tanto do ejército como da nova rusia