Vánagandr, unha nova xenebra galega

Defínese como unha “xenebra 100% galega”, e realízase en Cambre. A primeira vista, o que nos chama a atención antes de nada é a espectacular etiqueta realizada por David Pintor, na que se retrata un episodio da mitoloxía nórdica, no que os deuses atan ao lobo Vánagandr para que non poida cumprir o seu destino: a destrucción do mundo. Os seus elaboradores insisten na galeguidade de todo o proceso: uso de auga e botánicos galegos no proceso.

Trátase dunha xenebra ideal para mesturar, ao meu ver. Efectivamente, a presenza dos botánicos que dan xeito a unha xenebra participan do sabor pero non lle dan unha preeminencia que dificulta a mestura. O resultado é unha xenebra moi agradable, ideal para tragos de despois de xantar ou cear, coa suficiente sutileza para agradar a paladares esixentes e a abonda humildade para deixarse gustar sen queren prevalecer sobre todo. Eu empregueina nunha festa de corenta persoas, bebedoras habituais de gintonic, e os resultados foron moi satisfactorios. Unha boa aposta para este verán!

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *