Red Obsession: cando Asia irrompe en Burdeos

O outro día recomendeille este documental aos meus alumnos do Curso Superior de Sumiller que organiza o Instituto Galego do Viño. Moi distante de Mondovino nos seus prantexamentos, si comparte co documental de Jonathan Nossiter o acerto en ir máis alá no viño e poñer sobre a mesa como esta bebida é capaz de contar a historia do presente no mundo.

Red Obsession conta, basicamente, a irrupción do consumo asiático sobre os vellos pagos premier cru de Burdeos, e como Burdeos reacciona, ou non, a un mercado que fai disparar e perder os prezos das cotizacións dos viños máis notables e volve tolo, inxustificable, intolerable, o sistema de prezos do viño. Haberá quen se escandalice, pero hai que lembrar que este mesmo documental poderíase facer uns anos antes cos norteamericanos, en vez dos chineses, como obsesos protagonistas, dispostos a pagar millonadas por unha botella de viño de certa marca e ano.

Moi interesante para coñecer como casan dous mundos en apariencia ben distintos: o viño e a globalización.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *