A cousa está que non para, señores e señoras. Este sábado 16 de maio a Eira da Xoana celebra a súa festa multicultural. As actividades comezan cun roteiro do castelo de Pambre ao castro de Remonde, onde presentaremos o primeiro material divulgativo do castro, un precioso folleto co roteiro que vos vai sorprender, e para o que contamos coa colaboración da Vicepresidencia Primeira de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. O roteiro sae do castelo de Pambre ás 12 e chegaremos a presentar o folleto ao castro de Remonde ás 13.15.
Cremos que vai chamar a atención. Apostamos por unha imaxe corporativa do castro e o seu contorno que non ten nada que ver coa encorsetada apariencia gráfica das postas en valor da arqueoloxía galega (reproducións de obxectos atopados no castro, etc.), moi moderna e actual, procurando crear unha identidade visual diferenciada para Remonde. Poderá gustar ou non, pero xa anticipo que de seu é moi, moi bonito. ;-)
E posteriormente, xantar internacional e festa multicultural na Eira da Xoana.


Be First to Comment