Teño que falarte desta marabillosa produción animada infantil irlandesa: Song of the Sea, nominada aos Óscar. Feita polos autores desoutra marabilla: o Secreto de Kells, da que xa te falei, Song of the Sea está:
Baseada na lenda irlandesa das selkies (as mulleres foca). Song of the Sea conta a historia da última nena-foca, Saoirse, e o seu irmán Ben, quen realizan unha viaxe épica para salvar o mundo da maxia e descubrir os secretos do seu pasado.
Non é un filme sobre o imaxinario tradicional: ela mesma é o imaxinario tradicional, un mundo visual detalladísimo dun imaxinario compartido entre Irlanda e Galicia a niveis mesmo íntimos. Algúns momentos para exemplificárvolo: a mudez da nena-foca, como un ser a cabalo entre o mar e a terra, igual á mudez do fillo da serea de Sálvora que se contaba na ancestral versión desa lenda na miña familia, neno mudo “ata que botou un teto de carne cando o guindaban ao lume”; ao xigante MacLir mudado en pedra coma o meu home das Sagres, que todo mariñeiro de Aguiño coñece, ou a viaxe no Outromundo cara o río e a illa, que me contaba o meu avó, ou un momento delirante, cando nun momento de fuxida polo bosque, os dous nenos refúxianse nun basureiro incontrolado e inagardado de lavadoras, sofás e somieres no medio dunha fraga, que non me agardaba no filme irlandés e que me fixo reflexionar sobre a xestión do medio nos dous países.
Se tes nenos ou nenas, búscaa xa e disfrútaa como espectador galego, con historias que pertencen case todas elas ao noso imaxinario común, historias íntimas, de besbellos atlánticos. Un filme marabilloso e cheo de valores. Debuxos animados ben distintos das factorías norteamericanas.

Ao ler a túa reseña lembrei unha fermosa película do ano 1994, “O segredo da illa das focas” (The secret of Roan Inish), dirixida por John Sayles, que narra tamén a lenda das selkies e na que a tradición oral, os contos que os avós relatan a súa neta teñen un protagonismo esencial. Despois de ver a película, sigo sen entender como unha historia tan ben contada e con tantos elementos fantásticos e mitolóxicos pasou desapercibida.
Esa peli é unha marabilla, Suso, e efectivamente, ficou como unha xoia esquencida.
Manuel muitísimas grazas por daren noticia dese filme que non coñecía. Non vezo o trailer pero só os fotograms dan boa idea do fascinantes que son os debuxos.
Outra cousa nesas paisaxes de fondo escuro lémbrame tanto a algúns cadros de Lugrís ! Imaxinádesvos que el na súa época fixera un filme así, como salvando as distancias, fixo Miguelanxo prado ?
Non pensedes que é unha utopía o mesmísimo Dalí estivo traballando nunha versión da famosa novela de FranK herbert Dune con guión de Jodorowsky. por razóns que aghora non lembro non chegou a bó porto pero lembro ter visto esbozos do Salvador Dalí. Que ademáis como sabedes tamén traballou para o cine deseñando decorados mui do seu estilo…
Pois é certo o que di Antón, si que ten semellanzas con Lugrís.
Si, non o mirara así, pero coincido. A verdade é que sería unha pasada unha peli de animación baseada no estilo de Lugrís.
Conheci o ~Segredo de Kells pola tua referencia uns anos atras, e hoxe porcurando novos filmes deste director vi a cancion do mar. Uma maravilha de simetrias e de xeometrias circulares, concentricas ..com uma moi boa historia e musica . Paisaxes tan familiares, uma obra d’arte. Sabes se existem estes filmes em galego?
A ver se vos animades ti e Manuel Craneo a pasar o vosso livro a filme de animacom. Poderiades fazer cousa fermosa.
Ola, Eu, xa me gustaría que existisen eses filmes en galego. Grazas polo consello, é algo ao que xa lle demos algunhas voltas. Por nós por suposto que hai gañas de facer cousas, pero hai que conseguir o financiamento… ;-)