Ver a cidade como un drone

Máis que interesante este proxecto. Traduzo:

“City of Drones é un contorno dixital interactivo desenvolvido polo músico Johh Cale, o arquitecto especulativo Liam Young e os artistas dixitais FIELD. Representa a historia dun drone perdido vagando por un contorno urbano abstracto. Os xogadores son convidados a pilotar un modelo virtual e explorar remotamente este mundo imaxinario”.

Pódese navegar interactivamente no seu web. O proxecto especula cun futuro non moi distante no que numerosos drones voarán por riba nosa nas cidades cumprindo misións e encargos. A visión abstracta, algo TRON, representada no vídeo, tenta emular como un drone avanzado percibirá as formas nesa cidade.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *