Dúas hilarantes series británicas para estas noites de inverno

O Reino Unido é a gran esperanza audiovisual para innovar en series. Moito do mellor que teño visto ultimamente vén das factorías británicas e téñovos que recomendar dúas seriazas que vos van romper esquemas.

The Wrong Mans (2013)

The Wrong Mans (non Men) é unha comedia baseada nun malentendido inicial que se vai ensarillando ata convertirse nun follón de espías, obras de arte e carreiras sen fin. Dous homes na trintena con poucas habilidades sociais convírtense en protagonistas involuntarios dun filme de acción no que non faltan mafias chinesas e espías rusos. Delirante. Para rir a escachar.

Inside nº 9 (2014)

Poucas veces é tan abraiante unha serie coma esta. Molesta, disruptiva, intrigante, está pensada para que observes un delirio que de súpeto cambia totalmente de camiño, e da comedia lixeira pásase ao suspense ou ao thriller para volver a ela. Inside nº 9 é unha antoloxía do humor negro e das situacións imposibles. Do máis abraiante que teño visto en tempos. O primeiro episodio, o do armario, é maxistral e é unha antoloxía en si mesmo.

2 Comments

  1. 18 / Febreiro/ 2015

    A verdade e que vivo en UK pero aínda non escoitei nada delas, haberá que probar!

    Eu aconséllote Catastrophe. Humor inglés único, sencillo pero sen ser soez, e moi ao día!

  2. manuel
    21 / Febreiro/ 2015

    ¿disruptiva?

    ¿Non sería mellor perturbadora?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *