The Imitation Game: unha ben levada historia para honrar a Alan Turing

Durante moito tempo faleilles aos meus alumnos da historia incrible de Alan Turing, o seu heroico papel na II Guerra Mundial e o seu triste final. Parecíame incrible -dicíalles- que non se tivera feito un filme coa vida deste xenio sen o cal o noso século sería moi distinto, e desde logo, o mundo da computación. Algúns dos seus papers -mesmo para min, un home de letrísimas- séguenme conmovendo mentres os leo, porque aínda que haxa xente que pense o contrario, hai ciencia que é conmovedora, emocionante, subxectiva e íntima. Algúns dos traballos de Turing son así: nacen dunha conexión íntima entre o seu cerebro e o mundo no que hoxe nos gañamos a vida. O filme paga realmente a pena como soberbio traballo en moitos aspectos, pero sobre todo en guión: aí demóstrase como se pode construír unha historia a partir dun desenvolvemento técnico.

One Comment

  1. 18 / Febreiro/ 2015

    Non contaba con ver a bote pronto o resto de nominados aos Óscar, pero quedeime alucinado coa actuación de Cumberbatch e esta grande pelo, así que jai que poñerse ao día co resto!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *