Teño o costume de querer coñecer persoalmente os pagos e as terras nas que se fan os viños que me gustan. Co coche temos percorrido múltiples terroirs europeos para comprender o carácter e a singularidade dos viños. Xa que logo, teño vivido moitas experiencias enoturísticas en denominacións moi distintas.

Dentro da península, os viños do Douro, desde Portugal a Castela, parécenme fantásticos e son dos meus preferidos. Así que aproveitamos estes días para coñecer adegas e pagos interesantes da zona e para entender o territorio, o clima e a paisaxe que crean estes magníficos viños da ribeira do Douro.


Cal sería a nosa sorpresa, cando nos decatamos de que as cousas non ían ser fáciles. Non ía ser doado practicar un enoturismo de estrada, percorrendo e catando, ao longo da mañá, viños interesantes. As adegas non parecen estar orientadas a esta posibilidade (malia a cantidade de publicidade que enfatiza este turismo de adega e estrada promovida pola D.O. e Castela e León, ao estilo “Entre copas”). En moitas DOs de todo o mundo (Burdeos, Chianti, Borgoña, Champagne, Douro, etc.) cando ti chegas a unha adega podes escoller diferentes tipos de actividades. Habitualmente é posible realizar unha ou dúas catas polas que se cobra un prezo módico. Unha das catas adoita conter os viños básicos (tres ou catro) e a outra permite coñecer rarezas, anadas importantes, viños premium, etc. Se ti queres, tamén hai a posibilidade de visitar a adega, e moitas veces combínase a visita a adega cunha cata final (todo no mesmo prezo). Por suposto, un pode mercar os viños que lle gustaron na cata previa, etc.


Sen embargo, Ribera del Duero parece ancorada nun país dos anos 80. As adegas ofrecen como único servizo enoturístico a visita á adega, e iso é algo notablemente incómodo. Aparte do aburridísimas que son habitualmente as visitas ás adegas (eu chámolle a maldición do depósito de aluminio), os adegueiros non adoitan ser conscientes que para unha persoa media todo o que contan é exactamente similar ao que conta o adegueiro da competencia. Cando un vai facendo enoturismo de estrada, ademáis, non pode percorrer todas as adegas: ademáis do suplicio intelectual, significaría limitar unha mañá, por exemplo, a dúas adegas.

A miña sensación foi que Ribera del Duero, como denominación enoturística, e malia a continua propaganda oficial, é unha denominación pensada para que cheguen ás adegas xubilados en autobús a mercaren a caixa de viño para a comuñón dos seus netos. Non hai unha orientación clara ao cliente.
Como o mellor xeito de explicarme é con exemplos, vou contar como foi o noso día na Ribera del Duero:
-Abadía Retuerta. Esta importante adega non está na denominación, pero si no territorio. Chegamos á adega e unha rapaza nos comeza a ensinar todos os viños, desde o básico (17 euros) ata viños de pago (55 euros, e ese nivel), pasando por algúns experimentos de viños doces combinados con doces de Oriol Ballaguer (35 euros). Cando nos remata de ensinar todo, preguntámoslle se é posible catar os viños e a rapaza me mirou rarísimo. “Non, pero pode compralos!”. Ficou toda extrañada cando nos dimos media volta e marchamos. Lembraba no camiño o que di Jorge, o enólogo de Vía Romana: “para vender unha botella de viño hai que abrir outra”.
-Matarromera. En Matarromera as dúas rapazas que esperaban na recepción turística só dan acollida para a visita á adega, dunha hora de duración. “Pero no podemos catar os viños?”, pregunto pampo. “Non”. Cando marchamos, unha delas, moi solícita, corre onda nós para explicanos que a adega ten un bar de viños máis adiante onde podo probalos. “Pero por copa ou nunha cata enolóxica?”, pregunto. “Non, non, por copa”. Ah, e me vou tomar seis copazos de viño para poder continuar, penso eu.
-Bodegas Alejandro Fernández. Despois de explicarme secamente a señora que o único xeito de catar é agardar ao final da visita guiada e alí “só se toma un viño básico” decido largarme para a seguinte.
-Pago de Carraovejas. É a miña adega mítica da zona. Cheguei alí o sábado ás catro da tarde, xusto antes de que marcharan os de recepción para a súa casa (???). Sabedor de que hai moita especulación cos viños desta adega, quería mercar viño. Alí tamén tiñan algúns escasos caldos de pagos moi selectos. Preguntei á rapaza se se podía facer un pedido con viños de diferentes calidades. Quería coller algúns crianza, algúns reserva, algún viño de pago…e sorprendentemente contestoume que non. Que só se podían mercar as caixas tal e como estaban ali. Ou caixa de tres crianzas, ou caixa de tres reservas, ou outros viños…Na vida me pasou tal cousa.
Como se pode ver, pasamos por adegas importantes da denominación. Teño certa percepción de que en Ribera del Duero están máis orientados a un turismo de xubilado, pero tamén a esa vella idea de turismo oitenteiro de maltratar ao cliente e tentar sacarlle catro pesos sen traballar moito. Está claro que o seu modelo de negocio non está no desenvolvemento turístico da zona como tal, senón en vender botellas fóra do territorio. Moitas destas adegas facturan moitísimo diñeiro, son adegas grandes. Paréceme incrible que non teñan a flexibilidade de ofrecer probas aos visitantes per se.
Por exemplo, a visita ao Castelo de Penafiel, alén das fermosas vistas da muralla, é totalmente prescindible.



E, despois, ao pé, debe haber unha especie de coalición entre restaurantes para cobraren todos o mesmo polo xantar. Xulguen vostedes mesmos: nun restaurante típico (non o máis recomendado, que era máis caro), unhas moellas fritidas máis un cuarto de año asado sen guarnición de ningún tipo máis un viño novo da cooperativa local Penna Fidelis, 80 euros, o cal é basicamente un escándalo, ao meu ver, e todos os prezos estaban polo mesmo. Rirse do turista, polo que se ve.
Fotos: Sole Felloza

Hola Manuel: eu fun a Arzuaga e ademais dunha visita guiada magnifica, despois hubo cata e algun pincho, creo que foron 8 ou 10 euros.Habia cita previa iso sí.
Claro, Nico, pero o problema é que en Ribera del Duero cata + visita guiada son indisolubles. Iso é un despropósito turístico, porque ti non podes obrigar a un turista a tragar unha hora de cubas, depósitos e variedades para cada adega que queira probar. Cata e visita, en todas as rexións vinícolas un pouco desenvolvidas, son produtos diferenciados que tamén se poden ofrecer xuntos, pero non só.
No sé qué decir. Bueno, sí. ¿Dónde se va lapasta en promoción?
Te escribo como ribereño, de esos cuyos abuelos tenían viñas y recuerda la vendimia desde que tienen uso de razón, para darte TODA LA PUTA RAZÓN. Hacer ‘enoturismo’ en la Ribera es un coñazo soberbio. Recuerdo en cierta ocasión, con un grupo de 50 guiris, aguantando media hora de explicación (¡en castellano!) sobre la fermentación maloláctica, de pie, a palo seco, rodeados de tanques de aluminio… ¿pero qué clase de ‘turismo’ es esa mierda? el concepto de cata para disfrutar, donde después de una corta visita te sientas en un sitio agradable donde te van explicando cosas MIENTRAS BEBES, sencillamente no existe.
Y que por ejemplo en Aranda de Duero no exista un recorrido coordinado con cata por la (impresionante) red de bodegas subterráneas, única en el mundo… ¿pero de qué clase de enoturismo hablan? claro, del chollo de cuatro bodegueros y cuatro mesoneros para sacar cuartos a madrileños incautos. Lo dicho, vergonzoso. No por lo que hay (que también), sino por lo que podría haber y a nadie le sale de las narices hacer en condiciones.
Gracias, Ignacio. Y es una lástima, porque la zona vale mucho y el paisaje del vino es bien chulo. Hablando de guiris: el enoturismo es una de las actividades turísticas que genera más visitas foráneas de calidad. En todo un día por la Ribera no vi un solo extranjero. Ni uno. Cosa bien distinta en La Rioja o, de forma más espectacular, en el Douro, donde los raros son los propios portugueses.
PIngue, sospecho que en promoción hay mucha pasta, pero en ajustar la calidad de los servicios y la oferta al visitante, hay poca.