A impresión 4D: materiais robóticos que se autoensamblan

Imaxina que traes de Ikea un aparador. Resignado, disposte a sufrir unha tarde ensamblando e montando o raio de moble, no que asumistes pagar moito menos por pasares ti estes traballos. E agora imaxina que abres a caixa, e tal e como está, bótaslle auga e o moble comeza a montarse por si só. Pois esa é a impresión 4D. Unha aplicación de “baixa tecnoloxía” que comeza a desenvolverse en lugares coma o MIT. Como din en Weburbanist:

“Esta dimensión reactiva engade unha nova dimensión a obxectos feitos de madeira, metal, fibra de carbono ou outros materiais, cada un deles fabricados de acordo con patróns que fan reacción a estímulos externos como robots de baixa tecnoloxía. Estas creacións poden transformar a súa figura dinamicamente, respondendo a formas personalizables e a condicións ambientais -calor, frío, sequedade e humidade que poden ser transformados en catalizadores para a transformación do obxecto”.

No vídeo podes ver madeira “programable” e como reacciona no contacto coa auga.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *