Que as cervexas artesás están de moda en Galicia (ao igual que noutros sitios) e que estamos asistindo a un auténtico boom deste tipo de bebidas no país é un feito que está ben claro. Este ano, Culturgal, a Feira das Industrias Culturais que se celebra anualmente con grande éxito no Pazo de Congresos de Pontevedra, vaille prestar atención á gastronomía como fenómeno cultural. Entre as diferentes actividades, o domingo ás 13.30 h. imos ter unha conversa informal no espazo Foro con destacados expertos que van retratar o momento actual das cervexas artesás no país: moderarei unha mesa na que participarán Carlos González (La Atlántica Beer Shop, Compostela) e os elaboradores Alberte Fernández (Adega Menduíña, Cangas) e Alberto Gómez (Cervexas Keltius, Ourense). Estás convidado/a a asistir e participar!

Be First to Comment