
Entre o 5 e o 8 de decembro celébrase a XXI Festa Gastronómica da Richada e da Croca en Forcarei. Este ano o concello non pon un peso, así que a xente dos restaurantes está botando man do que pode para publicitar unha festa gastronómica que xa ten moito arraigo. Así que con gusto lles boto unha man, pero ademáis creo que a visita a Forcarei paga a pena simplemente por explorar e percorrer as fermosas paisaxes da Terra de Montes, un dos territorios máis singulares e pouco coñecidos do país. Así que xa sabedes: paparota por 15 euros que vale estupendamente para matar o frío da visita da mañá!

Be First to Comment