Con incrible pracer vin en Cineuropa La French, un filme de Cédric Jiménez que coloca en escena, e en competencia, a dous soberbios actorazos do cine francés, Jean Dujardin e Gilles Lellouche. A historia, que nos resultará próxima, narra a loita do xuiz Pierre Michel (Jean Dujardin) contra La French Connection, a organización mafiosa que se apoderou da economía local marsellesa e da costa azul entre os anos 70 e 80 e que baseou o seu poder na exportación de heroína aos Estados Unidos. A película é trepidante, tenche atrapado mesmo nunhas cadeiras tan incómodas como as do Salón Teatro, e está construída concedendo intelixencia ao espectador: as personaxes son poliédricas, complexas, teñen pasado e sentimentos encontrados fronte ao mundo. O final, que non desvelarei, é un final cabal para unha película que trata dunha basura con tanta capacidade de infiltración social como as bandas do narcotráfico. Para min sen dúbida, un dos grandes filmes deste 2014.

Be First to Comment