This war of Mine, un videoxogo na que a conciencia do xogador é unha variable

Bastante abraiado e interesado en This War of Mine< , un videoxogo producido por 11 Bit Studios que enfoca a guerra como entretemento nun ángulo novo. Habitualmente, en xogos como Call of Duty, a guerra é aséptica: os soldados inimigos non teñen familia, a poboación civil é mobiliario, etc. O enfoque inicial do xogo xa é atraínte: no canto de ser un supersoldado, o protagonista son un grupo de civiles tentando sobrevivir nunha cidade asediada e inzada de francotiradores. As decisións que se toman neste xogo teñen consecuencias, e esas decisións deben ser tomadas non só en base á estratexia, senón á conciencia do xogador. Non é o primeiro videoxogo que aborda a guerra así, pero desde logo, pola calidade gráfica, pode crear un antes e un despois neste tipo de narrativas (non tanto influíndo nos xogos bélicos, senón creando un novo xénero máis baseado na conciencia e na moral do usuario, por exemplo).

One Comment

  1. Marcos
    2 / Decembro/ 2014

    Tamén é significativo que este xogo saia precisamente en Polonia despois duns meses nos que lle estiveron (están) vendo as orellas ó lobo, coa guerra ó lado da casa…

    Por certo, a canción do trailer pón os pelos de punta, por se interesa chámase Zegarmistrz Światła Purpurowy, é moi coñecida e versionada en Polonia, e a letra é bastante desoladora…
    https://www.youtube.com/watch?v=obvizJRnezA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *