Ideas a cabalo da visión xornalística de Jeff Jarvis

233 grados fixo unha excelente cobertura do que o experto norteamericano en cibermedios Jeff Jarvis falou hoxe en Madrid sobre o futuro dos medios (aquí e aquí). Estes meses non teño tempo para nada e estou moi canso, pero gustaríame reproducir algunhas das súas interesantes ideas e engadir algúns comentarios da miña colleita.

No es el contenido, es el servicio. Los editores deben cambiar sus métricas: tienen que medir su éxito en si han ayudado o no a sus lectores. Jeff Jarvis cree que hay que cambiar la forma de medir el éxito de una noticia: no son los clicks. “El 55% de las páginas que se ven en internet son abandonadas en 15 segundos”, explica, “esto no sirve”.

Levo pensando isto moitísimos anos: a métrica cuantitativa non vale xa moito como forma de medir un artigo. A miña experiencia co éxito de lecturas é bastante emocional e persoal. Hoxe hai quen tenta traducir, tamén, rechíos ou elementos compartidos como utilidade, pero desde un punto de vista rigoroso non é posible a conversión. No concepto “rechiar” ou “compartir” temos demostrado en traballos que importa demasiado a empatía coa fonte, e non necesariamente o valor intrínseco do texto. A métrica da utilidade, para min, aínda non a temos atopado, aínda que temos un conxunto de elementos dispersos.

Ya no hay masa, hay individuo. Jarvis explica con un ejemplo: en su ciudad, usa una aplicación para el tráfico. Esta aplicación tiene información específica sobre él, para darle un mejor servicio. Su periódico local, sin embargo, le da las mismas 300 noticias que le da al resto de la comunidad. Una idea clave para el futuro de los medios. “El periódico me ve como parte de una masa. Google me ve como un individuo”.

O que nos asusta de todo isto é a ausencia dunha idea de esfera pública, de marcar a actualidade nunha portada, pero non hai máis que ver toda a información cruzada dos últimos días sobre asuntos de corrupción para decatarse de que a esfera pública cada vez está máis magnificada, pero os medios, aínda que continúan marcándoa, en certo xeito carecen de control posterior sobre ela. Creo que o novo contexto da comunicación interactiva xenera unha esfera pública compartida per se, pero seguimos fracasando en crear medios intelixentes en atender demandas específicas de usuarios, que os entendan e subministren información valiosa que vaia, precisamente, máis alá desa esfera pública.

La pirámide invertida ha muerto. El artículo, la pirámide invertida aprendida por todo estudiante de periodismo, ha muerto. Cuenta Jarvis, “para ver contexto, vas a Vox, si quieres ver la última hora, vas a Twitter, si quieres entender, vas a The Economist o al Financial Times”. El artículo como entidad en la que se aporta toda la información ha dejado de existir, según el periodista.

Esta idea de Jarvis cuestionando a pirámide invertida levámola traballando máis dunha década, pero a última actualización deste mantra da docencia do xornalismo está en que o discurso non só se fragmenta no noso produto, senón no propio ecosistema. Pero na idea de Jarvis, esa fragmentación do traballo do xornalista non está asociada ao retorno económico deste traballo: Jarvis parece defender que hai que traballar para Twitter, ou outra fonte intermedia. Un craso erro que vemos a diario e que non nos soluciona ren. Twitter e outras ferramentas achegan valor, pero é indirecto, lento e difícil de construír.

e nunha entrevista:

Pero, ¿no implica eso que hemos perdido el rol del periodista como ‘gatekeeper'(guardián de contenidos)?

Yo eso lo celebro. Pienso que el concepto del periodista como guardián de contenidos era una idea controladora, más que una ayuda. La noción de que ‘nosotros tenemos la información y vosotros no, nosotros vamos a decidir lo que recibes’ es ofensiva. Yo argumento que el periodismo hoy en día debería ser vista como un servicio, para ayudar a la gente a cumplir sus objetivos. Usamos las herramientas periodísticas para hacer eso, usamos nuevas tecnologías para hacer eso. Al final del día, si el periodismo no ayuda a la gente a mejorar sus vidas y sus comunidades, no tiene ningún valor.

Relacionado co anterior, o xornalismo é un servizo? É tan servizo, coma por exemplo, a literatura? A refrescante visión de Jarvis é interesante na medida en que nos fai pensar en que medida o que producimos interesa ao lector, pero ten a contrapartida en que ao mellor é preciso publicar cousas que non interesen ao lector e, malia todo, sigan sendo relevantes para a opinión pública. O problema é o ego do xornalista ou o editor, a miopía da gratificación inmediata da que teño falado. Calquera nota que fago en Capítulo Cero sobre arqueoloxía vai superar en clicks e gústames a esta sobre medios, e por goleada. Pero sería bisoño se limitara Capítulo Cero a arqueoloxía ou a gastronomía: ao longo de dez anos o valor deste blog, por exemplo, está en gran medida na diversidade.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *