Distopías drónicas

O Festival GAMERZ en Aix-en-Provence organizou esa curiosa e inquedante performance con sinxelos drones Parrot, programados co sistema de intelixencia de robots Roomba (os que limpan os salóns). A intelixencia dun robot Roomba é bastante limitada, pero combinada coa idea dun robot voador que se aproxima demasiado a ti, e cunha amplificación de son notablemente molesta, os creadores da performance crearon unha distopía na que estes robots incomodan e asustan aos humanos. Este traballo de Nicolas Maigret lémbranos que os drones, ademáis de chulos xoguetes e instrumentos científicos, teñen orixes e usos militares bastante escuros. (vía)

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *