
Fotos: Sole Felloza
Sen dúbida, un dos acontecementos gastronómicos de altura do outono compostelán é a Taberna Micolóxica de Pedro Roca. Unha auténtica delicia dun cociñeiro sabio e experto nos sabores dos cogumelos, pero tamén das raiceiras das diferentes gastronomías que nos rodean. Non sabería que pratos escoller das “tapas” e racións que ofrecen, pero sen dúbida esa costrada con setas do xénero cantarellus é algo imprescindible. Pero é un non parar!






Be First to Comment