
o 13 Cántaros é a proposta máis asequible dunha adega de excelente traxectoria, a César Príncipe, se cadra unha das cabezas da pequena e pouco coñecida denominación de orixe Cigales. Trátase dun tinto dunha excelente relación calidade-prezo: de froita viva, sabroso, persistente en boca, de trago longo e moi doado de beber. Unha copa convida á seguinte. É o típico viño que tes a man para unha cea con amigos: funciona con xente amante do viño pero tamén co bebedor/a ocasional. Anda nos seis euros e pico botella.
En Compostela haino, alomenos, en Valladares e no Almirez.

Be First to Comment