E que será da nosa memoria de finais do século XX?

Pedinlle ao ponteareán Pablo Prado que elaborara para culturagalega.org catro historias ao redor do patrimonio visual e fotográfico de Galicia e de como diferentes grupos e institucións estaban recuperándoo. O resultado son estas estupendas pezas audiovisuais nas que se conta como grupos de afeccionados están a rescatar o patrimonio audiovisual e fotográfico das casas de vilas do sur de Galicia. A percepción ‘social’ do patrimonio está moldeada: integra e exclúe cousas, asigna valor ou réstallo. O século XX, o século das imaxes e da popularización das ‘máquinas de memoria’ é curiosamente, un século que vai perder boa parte desa memoria. Pásanos con Internet, por exemplo. Seremos capaces de recuperar a Internet pioneira galega dos anos 90?

Para evitar que pase isto, estes grupos culturais e institucións como a CRTVG puxeron en marcha interesantes proxectos. Estes vídeos son un convite a aprender como fixeron e pretenden ser inspiración para que medren outros proxectos similares noutras partes do país.

Pasou o que pasou, da CRTVG

Proxecto Socheo (A Guarda)

Filippo Prosperi e Cándida Otero (Vigo)

Moaña, historia fotográfica

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *