Cunqueiro e a escrita do viño, o martes 8 en Cambados

O mes de xullo, que terrible é! Este clima miserable que adoecemos en Compostela, combinado coa entrega de informes, capítulos de libros, preparación de conferencias, peche de proxectos…! Isto fai que teña o blog -cunha chea de interesantísimas cousas por contar- a medio gas. Con todo, o bo que ten o mes é que te obriga a profundizar en temas que tes na cabeza e que, se non hai un prazo por diante, non se dan adiantado.

O de mañán pola tarde, 8 de xullo, é un caso. Tíñalle moitas gañas a isto. Participarei no curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo “Cunqueiro, Cambados e o viño” coa conferencia “O viño na obra de Álvaro Cunqueiro: un suxeito literario”. Nesta conferencia abordo a temática específica da gastronomía na obra de Álvaro Cunqueiro e, dentro dela, o rol que ocupa o viño e a conformación deste, no universo cunqueiriano, como un interesante suxeito literario de seu. Na conferencia tento buscar as orixes do moi peculiar xeito de falar do viño de don Álvaro, e aproveito as súas reflexións para comprender a noción entre gastronomía, territorio e identidade que se plasma nas páxinas do ilustre mindoniense, así como a construción da súa figura pública. Tanto el como a Pardo Bazán foron os dous primeiros escritores galegos que tiraron rédito da súa sona gourmand para facer incursións na publicidade, un aspecto especialmente interesante.

3 Comments

  1. 8 / Xullo/ 2014

    E eu non podo irrrrrrrrrr… Haberá outro xeito de chegar a iso?

  2. 9 / Xullo/ 2014

    Si, creo que se van editar unhas actas. :-)

  3. 14 / Xullo/ 2014

    Lembrar que o primeiro viño según relata Cunqueiro o catou con nove anos na Taberna do Rulo nas Rodrifgas en Riotorto (MIranda)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *