Traduzo do web de Memo Atken:
Waves é parte dunha serie en curso de traballos e filosofía de empregar as ferramentas da ciencia como unha lente cara o mundo, para atopar inspiración en procesos agachados que moldean o noso universo. Usando estas ferramentas para revelar, extraer e amplificar a beleza non vista das nosas vidas cotiás, os nosos contornos e prender de novo a mecha dun asombro case infantil sobre o mundo que nos rodea.
Inspirada pola ben establecida historia do estudo, tanto artístico como científico, dos océanos e das ondas oceánicas, o proxecto é unha dramatización en datos de complexas simulacións oceánicas, destiladas e reimaxinadas na forma de visualizacións abstractas e sons. Unha serie en marcha de estudos que investigan a tensión e o delicado balance entre o inmenso poder e a incrible fraxilidade dos océanos; simultaneamente poderosos mais delicados; calmadores e aterrorizadores; gráciles pero violentos; un símbolo do medo, perigo e morte pero tamén da esperanza, liberdade e da vida.
Memo Atken expón o seu traballo, nestes momentos, na mostra Nuees, en La Briqueterie, en Saint-Brieuc (Bretaña)

Be First to Comment