Un Skype que traduce idiomas en tempo real

Atención a esta noticia, porque así como hai anuncios tecnolóxicos de marabillas que nunca chegan a nada, o traballo dos equipos lingüísticos vinculados a Microsoft poden chegar a un avance que é case tan mitolóxico como científico. Basicamente, están presentando un sistema de tradución entre idiomas en tempo real, o cal virtualmente permitirá nun futuro a calquera ser humano a conversa con outro ser humano do planeta con independencia dos idiomas que dominen. Obviamente, o produto irá por fases. Fallará como unha escopeta de feria ao principio pero irá pouco a pouco mellorando, coma os asistentes de voz tipo Siri. E chegará un momento (cinco-seis anos) que mesmo permitirá o uso do galego. Que cambios culturais provocará isto? Aínda non o sabemos, pero creo que esta noticia é das máis relevantes de 2014 polas súas aplicacións. Imaxínense no futuro ubicar, no centro dunha reunión, un dispositivo que vaia traducindo a voz de cada quen, mesmo simulándoa.

One Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *