A ciencia dos #selfies: mellor o natural

O sociólogo Dan Zarrella é famoso polas súas análises oportun(istas) dos comportamentos e tendencias en redes sociais. Fixo unha análise de tropecentas mil fotos do Instagram e tirou unha chea de datos interesantes relativos a como a xente percibe este tipo de retratos. Pero o máis chamativo é a fartura do efecto Instagram das fotografías, a aparente demanda de recuperar certa naturalidade nas fotografías. Zarrela sinala que as fotos normais, sen filtros, son das que máis gustan, canda o filtro Willow (un efecto moi austero de blanco e negro suavizado). E que mesmo cando os selfies se sinalan expresamente co hashtag #nofilter, gustan máis que os outros. O contrapunto curioso é que un 30% dos selfies que indican que non teñen filtros, resulta que si os teñen. ;-)

Aquí están as gráficas de Zarrella:

A foto de arriba, por certo, é o primeiro #selfie da historia: Robert Cornelius en 1839. Case é a que maís me gusta.

One Comment

  1. Isaac
    30 / Maio/ 2014

    Eu non quería, pero recoñezo que as fotos dixitais necesitan un punto de contraste.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *