Descubrindo a Barcelona interior: a Plaça Osca de Sants

En canto saes da Barcelona-Barcelona e entras nas colonias barcelonesas (Gràcia, Sants) cambian moitas cousas. O centro barcelonés é nestes momentos o maior abrevadeiro etílico de Europa, e a presión turística é para reflexionar: a identidade da cidade -nun pobo aparentemente tan preocupado pola identidade coma o catalán- está vendida a través deste turismo masivo de cogorza e chanclas.

Descubrir estas noites agradables, calorosas, mediterráneas un pouco máis para dentro da cidade xa é outra cousa. Grazas á amiga Mar Calpena coñecín un núcleo gourmet do máis interesante, a Plaça Osca. Perdidiña no medio de Sants, alomenos hai dúas referencias gastronómicas imprescindibles. En primeiro lugar, as deliciosas cervexas de Homo Sibaris, unha adega cervexeira artesanal especializada en cervexas sen pasteurizar. Non só están deliciosas, senón que é un gusto ver todo o tempo que se toman para tirarte unha boa cervexa ao estilo tradicional.

Unha vez gorentadas as sedes, pódese un achegar -facendo o desmedido esforzo de andar cinco metros- ata o Terra d’Escudella. Local de tendencia independentista, está orientado cara a gastronomía catalana tradicional de calidade, algo que non é tan doado de atopar na Barcelona máis cool. Lembrábame a algúns locais galegos e bascos que son conscientes de que as bandeiras tamén teñen padal esixente. Neste caso, excelentes táboas de embutidos e queixos con seleccións rexionais dentro de Cataluña, segundos pratos contundentes coas especialidades clásicas do mar e montaña, caldeiradas, en fin, esa Cataluña rústica e sabores xenerosos. Mención especial cara unha estensa adega de viños dos Paisos Catalans (atención a este viño mallorquín, Ses Nines, ademáis dunha gran selección de birras artesanais, moi de moda en Cataluña nestes anos. Todo a prezos compostelanos, non barceloneses, e unha excelente atención (retrasáronnos en servirnos e agasalláronnos para entretérmonos cunha enorme ración de patacas bravas). Local petado e cun gran ambiente nacionalpopular.

One Comment

  1. 23 / Maio/ 2014

    Dunha miña amiga:
    Bones,

    Malauradament, totalment d’acord amb el primer paràgraf del text del blog del teu amic. Quina pena! Barcelona s’ha convertit en un parc temàtic. Afortunadament, sempre ens quedaran els barris. I amb una mica de sort, amb una Catalunya independent, els barris es convertiran en estats federals!

    He hagut de preguntar al meu home, com ha de ser – els homes tot ho saben, i xof: la plaça prou que la coneixem però no hem estat mai, ni ell ni jo, a cap dels dos locals dels que parla el blog. Al meu home diu que particularment el Terra d’Escudella té molt bona reputació entre la gent de Sants, és molt conegut, ben conegut. L’apuntarem a la llista de pendents.

    Però en aquesta plaça hi ha un altre local que sí coneixem “La Mestressa”, hi hem anat i ens agrada molt. Tenen una taula rodona fantàstica per sopars amb un grupet d’amics. Molt bones tapes, amanides i platillos, bon vi i mooooolt bon rollo.

    https://ca-es.facebook.com/restaurantlamestressa

    https://foursquare.com/v/restaurant-la-mestressa/4fb4bc21d5fbc56ee2d87446/photos

    Però ara ja quasi no anem a sopar a la capital!! Després hem de fer 25 km de tornada a casa i hi ha controls d’alcoholèmia per tot arrèu i ara que vivim en un poble ens fot mandra exercir d’urbanites. No sé, serà l’edat.

    En fi, sempre hi ha excepcions, així que si vens o veniu, sopem on us vingui de gust. Al meu home continúa sent una mina a l’hora de trobar llocs xul.los.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *