O mercado dos libros dixitais está sustentado nunhas tecnoloxías precarias, con moi poucas posibilidades e, desde logo, dun xeito que practicamente non aproveitan as prestacións e posibilidades da edición dixital actual. O Digital Book Team é un equipo conformado por Ana Martín, deseñadora especializada en proxectos dixitais, Busto e Miguélez, resopnsables da dirección de arte e Emilio González, motion grapher. Simularon unha app electrónica para acceso a libros da súa editorial preferida, Penguin, e simularon tamén un concepto para os libros dixitais (con algunhas ideas sinxelas, pero ben útiles, como o grosor do marco para indicar o volume de páxinas, ou o concepto de portada responsive). O interesante desta proposta é que non é real, pero é totalmente factible de desenvolver.
(vía)

Be First to Comment