Josep Roca impartirá unha conferencia sobre o presente e futuro do viño galego

Josep Roca, o sumiller do Celler de Can Roca, pechará o vindeiro luns 2 de xuño ás 18 h., na Cidade da Cultura de Santiago, o Acto de Clausura do Curso Superior de Sumiller organizado polo Instituto Galego do Viño. Roca impartirá unha conferencia, compartindo a súa visión sobre o viño galego. Por parte da organización, descríbese así:

Durante la master class Josep Roca compartirá sus reflexiones sobre el presente y el futuro del vino gallego así como la visión que desde el exterior se tiene de la revolución que se está produciendo en las viñas y bodegas de Galicia y que nos han llevado a convertirnos en una de las zonas vitivinícolas más innovadoras y pujantes del panorama internacional.

Dicir que escoitei tres veces a Josep Roca, e as tres veces fiquei cautivado coa capacidade de Roca de extraer conceptos, ideas e emocións do viño e o seu mundo. Esta será unha oportunidade máis que interesante para coñecer a súa visión dos viños galegos. En carácter de prescritor de talla mundial, a súa visión interesa a todo o sector.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *