Front Row to Fashion Week, entre a infografía e os gráficos interactivos

Front Row to Fashion Week, este espléndido traballo do New York Times elaborado por Mike Bostock, Shan Carter, Erik Hinton e Ruth La Ferla, é un marabilloso híbrido que demostra, unha vez máis, como as fronteiras creativas non valen de nada. A súa concepción: agrupar as novas coleccións dos modistos por cor, a través de estruturas interactivas de acordeón, podería inducir a pensar na infografía visual (aquela que tenta traducir datos complexos en impresións facilmente visualizables), pero o propio modelo de representación de todos os desfiles conduce a algo máis. Un novo formato de narración dos desfiles de moda. Interesantísimo.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *