Reims: o punto de fuga da Champagne

Aquí, en Reims, máis de 2000 figuras de pedra observan o mundo, inertes, desde o seu esplendor gótico. E tamén a farsa de ducias de reis, aquí coroados cos óleos carolinxios, pretendendo igualar a gloria temprana de Carlomagno. En Reims investíronse os reis de Francia, abrigados polas reliquias e o poder dos arcebispos. Hoxe a catedral é o punto de fuga dunha avenida. Para min é esencialmente iso, esta traza gótica erguida en menos de setenta anos: o punto central dunha perspectiva dilatada. Cando entras en Reims, esta fachada maxestuosa ofrece movemento vertical nunha cidade de trazas horizontais.

En Reims bébese champagne á mediodía, sobre todo os guiris, que sentan en pequeniñas mesas e escoitan algún músico ambulante. Mentres, a impoñente estrutura gótica, que parece unha dimensión celestial, érguese en movementos basculantes sobre os vellos edificios romanos. Non ten moito de santa, non o parece, senón a expresión dun poder de coronación. E, nela, os santos rinse todos pensando nas vindeiras esmolas.

Fotos: Sole Felloza

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *