Máis que interesante The Trip, a película de Michael Winterbottom montada a partir dunha serie de varios capítulos. O argumento é moi sinxelo: o actor Steve Coogan, que se interpreta a si mesmo, emprende unha viaxe polo norte de Inglaterra para coñecer unha serie de restaurantes de prestixio diseminados polas comarcas rurais, nun encargo xornalístico solicitado por The Observer. Aínda que inicialmente ía ser unha escapada coa súa moza, as tensas relacións entre os dous provocaron que ela marchara aos Estados Unidos, así que Coogan tivo que buscar un novo compañeiro de viaxe. Tras algúns intentos, remata por conseguir que vaia Rob Brydon, un cómico imitador galés incapaz de saír do seu papel.
A historia é estraña, porque non saberías dicir se é unha road movie, unha viaxe gastronómica ou algo distinto. Ao principio, as dúas personaxes discuten dicindo algo así como “é imposible inventar nada novo no século XXI. Todo o máis que podes facer é dicilo diferente”. Ese podería ser o (postmoderno) resumo desta película que, malia non ser gastronómica, presta unha enorme atención fotográfica e de escenario á gastronomía. Así que grazas a ela é posible facerse unha perspectiva do momento actual da alta gastronomía británica. Os dous comensais disfrutarán pero serán incapaces de achegar nada ao discurso gastronómico, alén de obviedades como “o viño faime máis sofisticado”. En realidade, eles poderán pasar un menú degustación enteiro facendo imitacións de Michael Caine ou similar. Unha especie de críos de oito anos metidos no traxe de dous corentóns. A distancia lingüística, ademáis, reduce e volve demasiado local o filme.
Como digo, a película -que podía ser incriblemente fresca ao deixar á improvisación os comentarios de Coogan e Brydon ao redor da comida- quédase só en proxecto ou en intencións. Resulta divertido comprobar que en Inglaterra tamén teñen teimas gastronómicas, servindo de xeito tan insistente vieiras como aquí salmonetes. Pero quedan demasiadas preguntas no aire, preguntas que a personaxe, un corentón só que odia estar só, é incapaz de responder porque no fondo está só. A moralexa da soedade da mediana idade, previsible desde o primeiro momento. Sempre moralexas.
Coogan e Brydon están preparando unha nova tempada en Italia. Haberá que botarlle un ollo (desconfiado).

A mí me gustó muchísimo la primera temporada (y un poco menos la película). He visto ahora el primer capítulo de la serie en Italia y me ha parecido magistral de principio a fin, tremendo, muy gracioso, grandioso. Humor pasado de vueltas con imitaciones de personajes que no conozco: magistral en cada minuto. Aunque casi ni ves lo que comen (al final no es tanto cuestión de comida ahí).
Está claro que hai para todos os gustos! A min resultoume cansina tanta parodia seguida e, ademáis, quería coñecer máis sobre os pratos…