Il divo: o poder entre as sombras

A miña descuberta do director Paolo Sorrentino foi con esa obra mestra chamada La Grande Bellezza, xa o saben, pero a partir de aí, hai que tirar do fío de Ariadna. Así que moito disfrutamos esta fin de semana coa manierista Il Divo. La spettacolare vita di Giulio Andreotti (2008), no que co imprescidible apoio do actor Toni Servillo, Sorrentin traza un drama sobre o uso e a ponla máis escura do poder. O sétimo mandato de Giulio Andreotti, prócer da Democracia Cristiá, e a súa “corrente” de poder, represéntase aquí coa teatralidade máis estrema, como un espectáculo de sombras clásicas. Sen dúbida, é unha das películas máis lúcidas sobre o poder que teño visto nos últimos anos. O papelón de Toni Servillo como Andreotti, ese cruce entre o señor Burns e Nosferatu, por outra banda, é inesquencible. Se esta película fora americana, o papel de Servillo xa sería un dos dez mellores da historia do cinema.

Non me resisto a poñerlles este monólogo de Andreotti que espoileriza (só un pouquicho) a película. Pero pódovos asegurar que pon os pelos de punta:

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *