Desde a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega comezouse a traballar nunha liña de exploración das mulleres e o traballo. Encarna Otero, canda as dúas técnicas do CCG Bea Pérez Mosquera e Teresa Navarro Quinteiro, desprazáronse a Vila de Cruces para rastrexar a vida das mulleres que traballaran na mina ou en tarefas “paralelas” vinculadas á minaría fóra do complexo industrial. Atopáronse con iso, e con moito máis: un relato do mundo dos anos 40 nun espazo nunhas condicións moi especiais. Un territorio no que non se pasaba a fame doutras áreas de Galicia, pero sobre o que existía un forte control e represión, con frecuentes incursións da guerrilla que procuraba contactar cos presos republicanos destinados á mina. Aínda que o material non fora concebido orixinalmente coma un documental, senón máis ben como material de arquivo, pareceunos interesante probar a darlle forma e construír un relato audiovisual que trouxera a memoria destas mulleres afoutas. Cremos que a importancia do que contan suple as carencias técnicas que os máis expertos poidan apreciar. Nesta entrevista, Encarna Otero desvela algunhas claves.
CRÉDITOS:
Directora: Encarna Otero Cepeda
Realizadores: Manuel Gago Mariño, Beatriz Pérez Mosquera.
Fotografía e imaxe: Teresa Navarro Quinteiro
Testemuñas participantes: Juventina Blanco Rodriguez,Jose Parcero Silva,Celsa Vazquez Fernandez,Visita Perez Lopez, Pura Villanueva Varela
AGRADECEMENTOS:
Lourdes Mato Vilela
Asociación Veciñal Minas da Brea
Persoal responsable do mantemento da mina e da fábrica
Rosa Rodríguez Gómez
Pepe Montero López
Arquivo O Faiado da Memoria
Fondo José Luís Leal Soto

O meu bisavó traballaba nas oficinas da mina. Para a miña avoa foi moi emocionante recuperar unha parte da súa infancia ao ver este documental.
Precisamente estes días reparei no poboado de Fontao buscando información sobre a Central Hidroeléctrica do Tambre. Sabías que ambos debían ser Ben de Interese Cultural a partires de 2002? De entón é o Plan Nacional de Patrimonio Industrial e en Galicia a comisión que o creou chamou a atención sobre estes dous lugares, os asteleiros de Ferrol, a fábrica de Massó e Sargadelos. Mira a páxina 70 do plan en http://ipce.mcu.es/pdfs/PN_PATRIMONIO_INDUSTRIAL.pdf
Pero nada, os nosos goberneiros afanáronse en “crear novo patrimonio” e agora temos as “tenra ruína” do Gaiás, Christopher Hawthorne dixit (http://www.architectmagazine.com/architects/coda-to-a-career-eisenmans-city-of-culture_o.aspx.) e o patrimonio de vello sen protexer nin difundir…
Magnífico testimonio. Necesario incluír e difundir na historia de Galiza. Grazas aos colaboradores.
me gustaría contactar congente que estuvo entre mlos años 52al 56