A Asociación Roxín Roxal de Paderne organiza esta conferencia dentro dos Diálogos de Paderne, que impartiremos man a man Antón Malde e máis eu sobre a Idade do Ferro en Galicia. Malde centrarase nos achados do castro das Travesas e de Mallou, e pola miña banda, eu adentrareime no mundo da memoria, o mito e a mitoloxía da Idade do Ferro galega, en plan making of de Vento e Chuvia. Será este sábado 18 de xaneiro, ás 20:00, no Salón Azul do Liceo da miña querida Betanzos. Haberá exemplares de Vento e Chuvia á venda da man da libraría Carricanta, e tamén poderedes acceder ao merchandising exclusivo de Vento e Chuvia.

Be First to Comment