Magníficas fotos con cor inventada

Encantoume esta colección de fotos ás que se lles puxo a cor posteriormente. Eu son habitualmente partidario de non darlle cor ás fotos en branco e negro, pero aquí están tocadas con tanta elegancia e inspiración que conseguen que teñamos unha segunda versión, vivísima, de momentos que sempre eran en B/N.


A caída do Hindenburg (1937)


Arqueiros xaponeses (ca. 1860)


Audrey Hepburn (ais!)


Albert Einstein (1939)


Mark Twain (ca. 1900)


Accidente de coche en Washington (1921)

5 Comments

  1. oubenado polo val
    10 / Xaneiro/ 2014

    a foto dos arqueiros xaponeses creo que son monxes, e que estan a tirar con unha tecnica ou facendo exercicios de concentracion tipo zen, non me aclaro moi ben… tirade de gogle que de seguro que o espplica millor, de feito tirar con ese tipo de arco e algo moi cmplicado fixadevos que a flecha non sae do medio do arco senon dunha cuarta mais abaixo co cal e necesario unha tecnica especial, a dia de hoxe o tiro con ese arco e practicado por alguns monxes no xapon

  2. oubenado polo val
    10 / Xaneiro/ 2014

    velai vos van un par de emlaceshttp://textosmonasticos.files.wordpress.com/2010/01/tiroconarco.pdf

    http://es.wikipedia.org/wiki/Ky%C5%ABd%C5%8D

    de esta leria falounos hai moitos anos un profesor no instituto,

  3. 11 / Xaneiro/ 2014

    Que interesante iso dos arqueiros!

  4. Marco García
    21 / Xaneiro/ 2014

    Eu quería comentar sobre os arqueiros e vexo que o tema de interese.
    E fascinante o tema. Vede que lixeiriños parecen, non teñen media ostia pero todo fibra. A forma de loitar a recolle, o xeito de Jolivud, “O Último Samurai” con Tom Cruise.
    Mais en serio tiven ocasion de ler o libro de Philippe Monbrun Les Voix d’Apollon : l’arc, la lyre et les oracles, Rennes, 2007.
    Recolle moitos materiales etnográficos e tratados técnicos sobre a aprendizaxe e técnica da arquería en distintas culturas, entre elas a xaponesa. Explica como en moitos casos chégase a unha especie de éxtase no manexo da arma que se fai corpo co usuario (isto sábese ben en antropoloxía dende os traballos de Mauss sobre as técnicas do corpo). Pero sobre todo a “voz” do arco, o vibrar da corda, o asubiado da frecha, que como conforman metáforas consistentes para a fala, os oráculos, os enigmas… de ahí a sua relación co dios grego Apolo, deus do arco, da lira (en realidade cítara, a nosa guitarra vamos) e dos oráculos….
    Parabéns Gago, sempre inspirador…
    Marco

  5. 21 / Xaneiro/ 2014

    Que interesante, Marco! O tema do arqueiro é algo que sempre me fascinou.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *