Traduzo de The Hollywood Reporter:
Durante unha escena fundamental de Gravity, Ryan Stone, a personaxe de Sandra Bullock, atrapada no interior dunha cápsula espacial rusa e con pouca esperanza de sobrevivir, toma contacto cunha voz masculina que fala a través da radio nunha lingua estranxeira. O que se revela na outra parte desta conversa fracturada, que se completa cos bouridos dun can e un neno que chora, é o argumento desta curta dirixida por Jonas Cuarón, fillo do director Alfonso Cuarón, que coescribiu o guión de Gravity para Warner.
A curta chámase Aningaaq e está rodada en Groenlandia. Grazas, David!

Be First to Comment