Pois xa temos datas para presentacións e sinaturas de Vento e Chuvia por todo o país. Segundo Xerais, o libro estará dispoñible en librarías a finais da semana que vén. Foi unha auténtica mágoa non poder dispor del para a presentación, pero a editorial informounos de que sufriran unha serie de problemas técnicos que a última hora fixeron imposible que o libro chegara. Como compensación, a editorial tivo o galano de deixar aos convidados un fermoso avance dos libros, mesmo cunha historia completa, e que xa se convertiu nunha pequena materia de coleccionista. Xa se sabe, non hai mal que por ben non veña. E iso permitiunos ir máis alá na presentación do proxecto global.
Vento e Chuvia, en breve, xa mesmo, estará nas librarías.
Vou darvos as tres primeiras datas e a semana que vén confío en pechar o calendario ata Nadal.
15 de novembro: Betanzos. Libraría Biblos. Ás 20 h. (hora de inicio pendente de confirmación)
Presentación conxunta da BD Torre dos Mouros e Vento e Chuvia. Participan Manuel Gago, Manel Cráneo e Antón Malde.
22 de novembro: Santiago de Conmpostela. Libraría Couceiro. Ás 20 h.
Como se fixo Vento e Chuvia. Unha ollada ao proceso de investigación e creación. Participan Manuel Gago e Manel Cráneo.
1 de decembro: Pontevedra. Cultur.gal. ás 19.30 h. Participan Manuel Gago e Manel Cráneo.

1 de diciembre, ¿domingo? Pásate por Vigo el sábado!