
Peter Higgs en 2012
Hoxe é un gran día para a Física porque os doutores François Englert e Peter Higgs gañaron o premio Nobel polas súas teorías sobre como as partículas adquiren masa, ou sexa, o principio do famoso ‘bosón de Higgs’. O bosón, coas súas implicacións case ‘adánicas’ permitiu, ademáis, introducir a Física nos medios de comunicación, e dala a coñecer a un público aparentemente alleo a ela.

Pero quería reseñar un gráfico absolutamente marabilloso que me acabo de atopar, unha demostración de como a infografía non ten por que ser necesariamente futurista e a animación pode ser bela desde un principio mínimo. Perdan o tempo e bótenlle unha visual a este marabilloso gráfico animado de Nigel Holmes en The New York Times explicando o famoso bosón.

Fíxome gracia atopar nos créditos da animación (moi esclarecedora) a un tal Xaquín G.V.
Claro, Xaquín G.V., alias “Xocas”, é licenciado pola Facultade de CC. da Comunicación de Santiago. :-)