A revolución do proxecto secreto de Madonna

“O meu obxectivo é amosar mediante o exemplo de #Secretprojectrevolution o meu compromiso creativo para inspirar un cambio no mundo a través da expresión artística”. Quen di isto non é un artista chinés represaliado ou un performancer dun grupo criado nas salas alternativas do mundo occidental, senón unha estrela pop como Madonna. O vídeo de presentación do proxecto -17 minutos dirixidos por Steven Klen- é un auténtico desafío visual (observen esa combinación de estética de películas mudas de principios do XX co bondage), pero que tamén comeza con este principio:

“O mercado económico está colapsándose. Ao longo de todo o mundo hai xente que está preocupada e xente que está a sufrir. Que ocorre coa xente que está preocupada? Eles vólvense intolerantes. Comezan a apuntar co dedo a outra xente. Eles din: Ti es a razón, ti es o problema, fóra de aquí! O inimigo non está aí fóra, o inimigo está dentro”.

A interesante acción Madonna complétase con iniciativas noutros soportes. Un dos máis singulares é a “revista” (por chamarlle de algún xeito) á que se pode acceder desde a aplicación Flipboard, e que revela un recurso ben interesante: os GIF animados. Os GIF están moi de moda na actualidade, especialmente aqueles que “conxelan” un momento dunha película ou un gag, e que son empregados intensamente nos diferentes tumblrs de humor urbano estilo “When you live in”. Os GIFs do #secretprojectrevolution son un interesante novo uso do formato. Madonna aílla escenas de Secret Project Revolution e recomponas como GIFs animados no Flipboard, creando unha potentísima narrativa visual.

Nesta entrevista para VICE Madonna explica máis o proceso:

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *