Que están desaproveitadas, polo xeral, as posibilidades do comic para facer xornalismo, é algo ben evidente. Así que é fantástica esta historia especial, Tomato Can Blues, escrita por Mary Pilon con ilustracións de Attila Futaki (o proxecto, por certo, conta cun produtor galego, Xaquín G.V.). Unha historia de vidas delincuentes e artes de combate, que lembra na súa disposición á súa famosa Snow Fall, introducindo algunhas técnicas modernas, como animación tipo Parallax no scrolling das partes ilustradas. Unha historia absolutamente memorable.

Be First to Comment