Nanopartículas romanas

O efecto marabilloso de cambio de cor da Copa do rei Lycurgo, depositada no Museo Británico, acaba de ser sometida a un análise que desvelou o fascinante uso de nanotecnoloxía por parte dos ourives romanos do século IV d.C. A copa, posiblemente realizada en Roma, foi preparada creando unha técnica especial para o vidro:

licurgo

“impregnárono con partículas de ouro e prata de 50 nanómetros de diámetro (1 nanómetro é a mil millonésima parte dun metro). Os resultados obtidos polos artesáns suxiren que sabían perfectamente o que estaban a facer. Querían que a copa de cor non só segundo a súa posición senón tamén en función do que se verquía no seu interior. “Empregaron as nanopartículas para crear arte”, engadiu o enxeñeiro Gang Liu da Universidade de Illinois, “provocando un baile de electróns no vidro responsables do cambio de cor”. (traducido por Paleorama desde o web da Smithsonian)

Para saberdes máis podedes consultar este paper: “The Lycurgus Cup – A Roman Nanotechnology

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *