Last updated on 31 / Maio/ 2013
Hai uns cantos anos falei do primeiro viño comercializado (nas últimas décadas) da miña vila, A Pobra do Caramiñal. Era o Altares de Postmarcos 2007, producido pola Adega Entre os ríos. Repasando as notas de aquela, é curioso como aínda lembro con bastante precisión as notas de aquel viño, a unha mazá intensa.
O outro día tiven a oportunidade de catalo, de novo, e sorprendeume contrastar o que lembraba con estas novas anadas. É ben certo que nunca catamos igual: depende todo tanto da idade, do contexto, da compañía, do estado de ánimo! Pero minimizando todos estes factores, probei con gusto este albariño criado entre as montañas da serra do Barbanza, nun cañón encaixonado, e fiquei sorprendido. O viño evolucionara: non me refiro ao tempo en botella, senón que a través das diferentes anadas, se podía observar un notable cambio. O Altares da anada que catei -2010- era notablemente distinto: xa non precisaba amosarse como un adolescente, darte todas as froitas e a tropicalia do mundo. Agora Altares de Postmarcos gañou en confianza, respira fondo, e ofrece en cada botella unhas novas notas de personalizade. Un uso valente da acidez, co punto moderno que nos fai disfrutar do frescor dos brancos galegos, pero tamén notas graníticas, notas que teñen que ver cun chan e unha composición moi peculiar, de rocha dura, de río cargado de bravura pola Miserela abaixo baixando dos milenarios chans do Barbanza. Un albariño claramente diferenciado das Rías Baixas, para disfrutar nestes días do verán. Altares de Postmarcos vai atopando o seu camiño, e o seu camiño está nas propias raiceiras. Terá un gran futuro.

Hola Manuel:
Moitas grazas polo comentario que nos enche de certo orgullo, pero senso humildes co noso dificil proxecto de recuperar unha zona na que se perdera a tradición polo viño. E unha laboura calada dos viticultores e adegueiros da nosa zona que poco a pocouco vai dando os seus froitos.
He de puntualizar que o viño que probaste (¿en Ribadeo?) e da anada do 2010 (o 2011 ainda se vai a embotelar dentro dunhas semanas). Esta e unha característica dos nosos viños da Adega Entreosrios, viños maduros con unha “crianza” nos depositos de entre 18 a 24 meses. A idea e recuperar os albariños antigos que eran viños maduros de un ano, e diferenciarnos dos albariños que hata agora nos venderon como viño xoven. O albariños si se elabora paseniñamente e un vino de garda que aguanta perfectamente varios años en botela.
Moitas grazas novamemte
Jose Crusat (Choumi)
Grazas pola precisión, Jose! Efectivamente, probeino en La Solana, Ribadeo, e coincido contigo en que é antinatural andar sacando albariños do ano. Longa vida (literalmente) ao albariño!
Sei que non ten relación co tema do post pero para a túa información, sacado hoxe mesmo de El País: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/31/galicia/1370025385_803253.html