Jamie Cullum presenta novo album, Momentum; escóitoo entre pasos de asfalto, de vexetación indomable de ribeira, mentres a noite cae na cidade e eu busco na cidade o que dela non é. Momentum ten menos de instrumental e se cadra nela Jamie Cullum busca acordes máis pop, melodías solitarias sostidas unicamente por unha voz. Xa non me parece un enfant terrible, ou algo similar: paréceme un cantautor solitario que constrúe espazos entre o épico e o arruinado. Acordes ás veces ocos, ás veces zugados do pop británico; outravolta, versos compostos para ser cantados nunha noite que debe ser degustada soa, coma un expresso barista.

Be First to Comment