
O Honoro Vera 2011 ten a honra mediática de ser o viño que se serviu na cea oficial que seguiu á gala dos Óscars deste ano. Non sei que lles parecería ao star system hollywoodiense, pero desde logo é un viño que paga a pena probar. De corte moderno, está elaborado pola Bodega Atteca, selo que sempre tivo moi claro o equilibrio entre a calidade e a comercialidade, con viñazos coma o Juan Gil, o Atteca ou o Mas de Can Blau. Este Honoro Vera é unha garnacha sofisticada pero saborosa, envolvente e cautivadora, que esperta outras sensacións cando se toma e que compensa esa carga alcólica dos viños de Calatayud cunha explosión de sabores. Tan cautivador coma o viño é o prezo. Anda sobre os 5 euros e medio -si, repito, 5 euros e medio- e, ultimamente, é dos mellores caldos en relación calidade-prezo que teño probado.
En Santiago consíguese en Valladares.

Gracias a vostede pedira este viño (xa van un par de veces dende aquela) e hoxe, cando vin que o mandaban os de Enolobox, acordeime de que teño que darlle as gracias polo consello. ;-)