Aviso para profesionais do supermercado: o outro día achegueime ao Alcampo de Área Central (si, aínda hai xente que vai a Área Central). Despois de explorar o outlet de A Nosa Terra, fumos facer a compra de supervivencia ao Alcampo e perdimos algo de tempo nos viños. Chamáronme a atención a venda de viños xenéricos de diferentes denominacións de orixe francesas. As botellas levaban o capuchón de recomendados por Alcampo, algo que é moi habitual nas enormes adegas da cadea nos supermercados que ten en Francia. Sempre son viños decentes nunha relación de calidade-prezo moi boa. Pois ben, había viños da Borgoña, do Ródano, de Bergerac ou de Burdeos a prezos que oscilaban entre os 3 e os 8 euros. Eu probei Ródano, Bergerac e Borgoña (o máximo valía cinco euros) e levei unha franca sorpresa. Serían como viños-definición, algo así. Tanto o Bergerac coma o Ródano expresaban exactamente o sabor inconfundible dos viños desas rexións francesas, eran unha pura definición do viño da súa terra e, polo tanto, máis que aceptables. Así que xa sabedes, é para ir polo Alcampo e saquear as francesadas a tres ou catro euros. Son destas cousas que ocorren poucas veces!

pero eso xa o hai na terra. Se te achegas a calquera adega pequena en galiza véndenche por 10 euros o viño en garrafas de 10 ou 20 litros. O mesmo que mercas en botella por máis de 5 euros
A ver, ho, non se trata de mercar viño ao peso, se non de coñecer diferentes territorios e variedades a prezos estupendos. :-)
Fixemosche caso e trouxemos varios. Empezamos probando un branco de Ardeche, e tamén me parece moi recomendable. Xa che direi que tal o resto. Gracias pola recomendación!
mestre gago.
no linial do mesmo super en As Cancelas.Te precios de viños
mellor,que as mismas adegas e distribuidores.¿Non sei como se lo
montan?.Pero en vinos galegos que en epocas de bonanza,seria
un insulto,estar en un super.Ante la caida del consumo en los
de vinos en los restaurantes,hoy por hoy es una forma de llegar
al consumidor.
Mala sorte para os que vivimos en lugares onde non hai Alcampo. Só nos queda agardar que outra coñecida cadea francesa de hipermercados (a esta sí a temos máis a mano) tome nota.
Pues yo también me pregunto cómo lo hacen.
Mi experiencia de compras en supermercados franceses es que a precios semejantes la calidad de los vinos hispanos es muy superior. Cierto que la cuestión es, también, conocer otros sabores y otras formas. Pero, por ejemplo, para tener un burdeos de una calidad comparable a una botella de rioja de 10 euros hay que gastarse, en Francia, 20 ó 30 euros. Que no se hace todos los días.
Los burdeos a “granel” en cajas de 5l. del Alcampo a mí me gustan.
Salud
Marco