Unha dura vida no teito do mundo

Había tempo que unha galería gráfica non me fascinaba nin ensoñaba tanto coma esta. As fotos de Mathieu Paley sobre a vida dos kirgisos, un pobo de 1200 habitantes que viven “ao final do remoto e nada hospitalario corredor Wahkan, en Afganistan, rodeados por China, Tajikistan e Pakistan”. A vida dos kirgisos é durísima, a taxa de mortalidade infantil é brutal. Pero as fotos de Paley son poesía pura do home, a terra, o espazo e os seus elementos. Tamén retratan a máis fermosa cualidade do ser humano: a capacidade de crear fogares alí onde estean. Penso en como os nosos devanceiros pensaban que un deus habitaba no lar, no corazón do fogar; ao facelo, crían no fondo neles mesmos.

Este é o texto de James Estrin e a excelente galería completa de Paley. E aquí unhas poucas fotos que me encantaron.

2 Comments

  1. Karl
    7 / Febreiro/ 2013

    Os kirgisos son os quirguices ou kirguises, non? De Quirguizistán, non?

  2. 7 / Febreiro/ 2013

    Hai unha cousa que me chamou a atención cando vin estas semanas este reportaxe… que xa vira coleccións de fotografías moi parecidas o ano pasado. Quedei ca dúbida se esto era a típica “new-old-meme” (cousas que voltan de actualidade), pero vendo o nome do fotografo vin que era distinto.

    O que vira hai meses foran estas fotos dunha fotógrafa: Celia Topping
    http://www.vice.com/read/wakhan-corridor-afghanistan-celia-topping

    O curioso do caso é que topei ainda máis e máis fotos de Wakhan publicadas durante o 2012:

    Estas de Levison Wood: http://www.intrepidphotography.co.uk/gallery_522643.html#photos_id=10107269
    Estoutras de Richard Dunwoody: http://richarddunwoodyphotography.com/wakhan-portraits/
    E ainda máis outras de Frédéric Lagrange: http://www.destinasian.com/countries/east-southeast-asia/afghanistan/frederic-lagrange-in-afghanistan-wakhan-wayfaring/

    Coido que ainda hai máis, pero bueno, xa me chegou…

    Quedei anonadado. Case semella que no 2012 o Wakhan debeu ser a zona máis fotografiada do planeta.

    :D

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *