Un ecosistema nunha botella

David Latimer mercou unha gran botella de cristal no ano 1960, aproveitando que estaba de oferta en pleno furor dos maceteiros plásticos. Botou unha planta da especie Tradescantia e regouna por última vez no ano 1972. Desde entón selou a botella e a pranta…sobreviviu. En realidade, ela mesma convertiuse nun ecosistema que xenera todo o preciso para vivir. Recibe luz solar que lle permite crear a fotosíntese, que á súa vez xenera osíxeno e humidade. As súas follas mortas aliméntana e as bacterias aceleran os procesos de descomposición e de osixenación. Unha chulada.

No Daily Mail contan a historia e ensínanche a facer unha.

5 Comments

  1. karl
    29 / Xaneiro/ 2013

    Si, moi bonito. Só comentar que o xénero Tradenscantia crece ben en Galicia. De feito é unha plata invasora que xa alterou bastantes bosques de ribeira e beiras de ríos da Galicia Baixa atlántica, onde crece ben. Crea tapices totalmente alleos á vexetación galega e probablemente moi pobres en fauna

  2. Miguel Vila (Colineta)
    29 / Xaneiro/ 2013

    A mediados dos oitenta do século pasado tiven dúas parecidas, so que no canto dunha botella eran un matraz e un erlenmeyer. Agasallaronme con eles na visita a un laboratorio onde clonaban plantas ornamentais. Duraron moito tempo, ata que romperon nunha mudanza.

  3. o brasas
    31 / Xaneiro/ 2013

    karl,das plantas invasoras que ti dis hai que diferenciar as que perxudican e as que non,esta por certo hibridase con outras especies,que quere dicir ,que quizais en apariencia non é autoctona pero que adquire comportamentos como as autoctonas,e iso de que adquire tapices totalmente alleos non é de todo correcto,por outra banda non estou seguro se é perxudicial para calqueira outra especie ,pola pinta pareceme que non.
    Non é o mesmo os eucaliptos,ca carballos americanos xunta carballos galegos porque a especie seria invasora porque é de ámerica pero ten o mesmo comportamento.

  4. karl
    2 / Febreiro/ 2013

    Todas as plantas invasoras prexudican ás comunidades naturais propias dunha zona, pero a aafectación pode ser moi variable. Non todas as plantas exóticas son invasoras, o caracter invasor ven dado por diversos factores, entre eles a elavada capacidade de dispersión e ocupación do terreo. Tradenscantia con certeza altera os nosos bosques de ribeira pois orixina tapices vexetais moi diferentes aos presentes naturalmente. Ora ben, nunha botella está ben, pero ollo onde se botan os restos, pois enraíza de partes dela

  5. karl
    2 / Febreiro/ 2013

    Nas zonas ocupadas por Tradenscantia, ademais, raramente poden crecer outras plantas. Por exemplo bulbos ou herbáceas caracteristicas dos bosques de ribeira, xa que o tapiz é tan denso que a competencia as afoga. Un clasico das plantas invasoras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *