Fotografías que son novelas (13)


A biblioteca da Casa Holland, en Londres, fotograda en setembro de 1940, a mañá despois dun bombardeo alemán.

O concepto dano colateral agacha na súa aparente asepsia todo un universo de significados; os danos colaterais nunca son peores que a perda dunha vida humana, pero sen dúbida son perdas de humanidade. Estes inspectores paseando entre os libros parecen espectros de lectores atrapados no colapso da biblioteca, condenados ou afortunados a repetir o seu vagar errático ata que as trabes, apodrecidas polo ceo chúmbeo de Londres, se esfarelen.

Outras fotografías que son novelas

6 Comments

  1. 28 / Decembro/ 2012

    Parece un cadro surrealista.
    O que me parece máis simpático é que os tres fulanos parecen incapaces de sustraerse á atracción dos libros. Un deles pasea a vista polos títulos, outro acaba de atopar algo chamativo, e o do fondo xa está mergullado na lectura, alleo a todo o de arredor. En vez de preocuparse de que non lles caia un pedrolo ou unha trabe na cabeza, van cada un ao seu, a curiosear polas baldas a ver que atopan, coma se a casa seguira intacta. É toda unha metáfora da lectura como evasión.

  2. 28 / Decembro/ 2012

    Fermosa interpretación, Padín. Aí comezaría a novela. :-)

  3. karl
    29 / Decembro/ 2012

    Sinto dar a mazada, pero un ceo nunca pode ser chúmbeo, plúmbeo moitas veces. “bonita foto”

  4. 29 / Decembro/ 2012

    Depende. Se queremos que sexa chúmbeo ao escribilo, será chúmbeo, non si? Compañeiro, o martelo batino eu antes. Dito doutro xeito, puxen chúmbeo porque me petou, a sabendas de incorrer nun delito de lesa traizón a algunha causa e plenamente consciente da miña gravísima falta de coherencia, moral e mesmo ética. :-)

  5. karl
    29 / Decembro/ 2012

    Pode ser, pero non fai o texto máis galego, caso de que fose a intención senón, máis estraño. Xa o decía Dieste, creo, cando escribo galego síntome libre porque non teño que estar atado a ningunha convención. No caso de chúmbeo non existe a palabra, bon, non existía ata que a esctibiches :) Saúde o bo fin de ano e ano novo

  6. roi
    14 / Xaneiro/ 2013

    fantástica imaxe

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *