
Aínda que na web xa están a toda máquina desde hai tempo, encantoume recibir, hai un momento en casa, a edición en papel do primeiro número da revista Benbo, gastronomía atlántica. Trátase dun interesantísimo proxecto editorial dirixido por Miguel Vila e producido por Tono Mugico. Que é Benbo? Pois unha revista de coidadísima presentación gráfica e fotográfica e de contidos que viste de gala editorial a gastronomía de Galicia. Benbo acolle tanto a creación contemporánea como a tradicional e pon moitísima énfase no produto (a intención dos editores é sempre abrir portada cun produto). O resultado é espléndido: unha revista que aposta por estar -a nivel formal e de contido- á altura das grandes revistas europeas de divulgación gastronómica. Pola miña banda, colaborei con este número de Benbo escribindo unha reportaxe sobre O ouro líquido do Ribeiro, o viño tostado, no que avanzo algunha primicia.

Vai vir o Apalpador túa casa, por larpeiro.
FELICES FESTAS E UNHA APERTA.